As actividades que levan a cabo durante o ano son fundamentalmente socio-culturais:
- Conferencias relacionadas coa lingua galega
- Seminarios informativos para xóvenes para poder integralos nos comités dos centros
- Conferencias e coloquios de carácter intercultural
- Xuntanzas nos centros federados para dar a coñecer os productos do Atlántico, etc.
- Estudos e publicacións sobre a problemática xeral da cultura galega e o labor do asociacionismo cultural.
- Elaboración de proxectos para a solución dos problemas que teñan ou sexan plantexados ás entidades federadas.
- Fomento das novas sociedades culturais.
- Convocatorias de Congresos, Seminarios, Coloquios Conferencias ,Cursos, etc. , orientadas aos seus fins especifícos.
- Promocionor informes sobre a cultura galega e universal.
- Organizar, promover, divulgar e intercambiar entre os seus asociados, grupos actividades ou programas culturais, deportivos ou recreativos de todo tipo.
- Establecer relacións institucionais no que interese á actividade federativa.
- Celebrar o dia das “Letras galegas” con conferencias en tó-dolos centros galegos federados.
- Dias de Galicia Exterior coa participación dos grupos folclorios e fubolísticos dos centros. Con concursos culturais adicados os xóvenes.
O ano 2004 relanzaron a súa revista “Diáspora”, na que se recollen as actividades que a Federación levou a cabo durante o pasado ano 2004, entre as que destaca a celebración do seu X Congreso, e a participación no IV Día da Galicia Exterior, celebrado en Santiago de Compostela os días 12 e 13 de agosto.