Federación de Sociedades Galegas na Suiza

Segundo recollen os seus Estatutos o obxectivo fundamental da Federación é o de traballar pola defensa e difusión da cultura galega en todas as súas formas e manifestacións,considerando elemento ineludible a este respecto a loita pola normalización social, e oficialización do idioma galega. De feito no artigo 5º dos seus estatutos establécese como idioma oficial da Federación o galego, de emprego obrigatorio para todos os órganos federativos.

  • Proponse interlacionar ás sociedades galegas no sentido máis amplo, para darlles forta na defensa dos intereses que lle son propios.
  • Fixa-se como obxetivo fundamental traballar pola defensa e difusión da cultura galegas en tóda-las formas e manifestacións, considerando como elemento ineludible a este respeito a loita pola normalización do idioma galego.
  • A sua actuación será conforme os principios da Declaración dos Dereitos Humáns, e respeito a defensa dos Dereitos dos Povos, o exercicio das libertades democráticas e a solidaridade con tó-dalas as entidades comprometidas coa prática destes principios.